Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing rodéase dunha afección ilusionada tras un 2023 pletórico

O Rácing rodéase dunha afección ilusionada tras un 2023 pletórico

Os afeccionados acompañaron os xogadores no adestramento na Gándara

G24.gal 29/12/2023 13:42 Última actualización 29/12/2023 14:02

O Rácing volveu aos adestramentos, e fíxoo abrindo A Gándara, para satisfacción dos afeccionados. Cristóbal recibiu antes do adestramento, un galardón do Comité Galego de Adestradores e a Federación Española de Fútbol Galego, en que o recoñecen como Mellor Adestrador de 1ª RFEF a pasada tempada. Entregoullo Manolo García e Abraham Yáñez, respectivamente

O Rácing remata 2023 en postos de ascenso directo a Primeira División. En maio xogaba en Primeira Federación. Leva doce meses invicto como local. O próximo obxectivo do Rácing é a Copa. A próxima semana recibirá o Sevilla con sete mil localidades xa vendidas.

2023 foi un ano de festa e ledicia para a familia racinguista e 2024 arrancará con motivación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade