Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing remonta contra a Ponferradina e conta os seus dous partidos por vitorias

O Rácing remonta contra a Ponferradina e conta os seus dous partidos por vitorias

Andoni López adiantou aos bercianos xa na segunda metade

Un gol de Álvaro Juan e outro de Álvaro Giménez déronlle a volta ao resultado

Os galegos tiveron que sufrir, pero sumaron a segunda vitoria do curso

Foto: @racingferrolsad
G24.gal 14/09/2025 22:34

O Rácing suma e segue no seu propósito de volver canto antes á Segunda División. O equipo de Pablo López non acusou a suspensión da anterior xornada contra o Real Madrid Castela. E, contra a Poferradina, outro dos favoritos ao ascenso, amosou que é unha máquina ben engraxada para remontar e sumar o pleno de seis puntos, cos que se sitúa na terceira praza e empatado co Arenteiro, que ten un encontro máis.

A primeira metade foi disputada, con ocasións para os dous equipos. Pero os porteiros Parera e Andrés Prieto encargáronse de desbaratar as ocasións, especialmente o porteiro do Rácing, que lle sacou un man a man a Cortés no máis clara dos visitantes. O Räcing tamén gozou dunha inmellorable ocasión nas botas de Escobar.

Pero a primeira en golpear foi a Ponferradina. Nada máis volver do descanso, un balón en profundidade aproveitábao Andoni López para marcar por abaixo. Tocaba remar, e volver buscar unha remonta como na xornada inaugural. E, outra vez, os de Pablo López conseguírono. Empatou Álvaro Juan á saída dunha falta. E marcou o tanto da vitoria Álvaro Giménez no minuto 81, aproveitando unha indecisión entre o porteiro e a defensa rival. 

Quedaban poucos minutos, e o Rácing defendeu a súa renda con algún susto, como a última ocasión da Ponferradina, xa no tempo engadido. Pero a vitoria quedou na Malata. O Rácing suma seis de seis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade