Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing pode apertar máis a zona alta no partido adiantado á xornada (19 h, G2)

O Rácing pode apertar máis a zona alta no partido adiantado á xornada (19 h, G2)

O Pontevedra tamén xoga o sábado un partido contra o Linares

A quenda do Celta B e do Deportivo será o domingo na xornada anterior ao derbi

G24.gal 17/03/2023 21:23

As cámaras da Galega estarán este sábado na Malata para acompañar o Rácing de Ferrol ante o Raio Majadahonda. Terceiro na clasificación tras nove xornadas sen perder, os de Cristóbal mídense a un rival minguado pola mal inicio de campaña. Os ferroláns aspiran a todo ao tempo que manteñen a serenidade.

O sábado tamén xoga o Pontevedra e de novo en Pasarón, onde a semana pasada Juan Señor conseguiu a súa primeira vitoria. Aos pontevedreses só lles serve o triunfo para achegarse á salvación, agora a seis puntos.

Deportivo e Celta B xogan o domingo. Os celestes en Balaídos ante o Badaxoz, partido que poderán seguir a través da nosa segunda canle dende as cinco da tarde. O Celta B recibe un rival afogado polas urxencias do descenso.

O Deportivo vista a Cultural Leonesa tras empatar co Real Madrid Castela en Riazor. O liderado está a dous puntos. Os coruñeses saben que deben mellorar o seu rendemento fóra da casa na pelexa polo ascenso directo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade