Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing mantense no máis alto na xornada en que espertou o Celta B

O Rácing mantense no máis alto na xornada en que espertou o Celta B

En Ferrol agardan novas sobre as lesións de Pumar e Ferrone

O Deportivo segue sen mellorar os resultados e o xogo malia o optimismo do seu adestrador

G24.gal 24/10/2022 21:03

A xornada da Primeira Federación déixanos un lectura cando menos curiosa das cousas. O Deportivo perdeu en Valdebebas ante o Castela e cae á sétima posición, a dous puntos do play off de ascenso. Porén, Óscar Cano só ve cousas positivas no seu equipo

No máis alto da clasificación está o Rácing de Ferrol, que empatou na Malata ante o segundo clasificado, o Córdoba, e que perdeu polo camiño aos seus laterais con senllas lesións graves no nocello. Quizais por iso o ton de Parralo non sexa tan optimista coma o de Cano.

O outro gran resultado da xornada é do Celta B, que foi quen de gañarlle 2-1 ao Linares, que non caía na casa no que vai de ano. Nos vigueses volveu marcar Raúl Blanco Juncal, por cuarta semana consecutiva.

Para adiante quere mirar o Pontevedra, que caeu en León por 2-0 e non deu mostras de mellora. Os granates levan unha soa vitoria en 9 xornadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade