O Racing mantense invicto pero confía en mellorar a eficacia ofensiva
O Racing mantense invicto pero confía en mellorar a eficacia ofensiva
Os números contra o Vilarreal B foron os mellores da temporada, 24 tiros a porta e 13 córners, pero non pasou do empate
Só repasando as estatísticas do partido se comprende ese desacougo de Cristóbal. Vinte e catro remates do Racing, seis do Vilarreal. Trece saques de esquina do Racing, ningún do rival. Que llo pregunten a Carlos Vicente, o futbolista que marabillou a temporada pasada e que esta segue a revolucionar o fútbol do Racing dende a banda dereita.
Faltou puntería. Mais tamén tivo mala sorte o equipo galego. Unha pelota rebotada aproveitouna Ontiveros para marcar.
Mais este Racing é bravo, veloz, valente para ir polos partidos. Soubo reaccionar ao gol. Carlos Vicente provocou un penalti e empatou. E aos poucos dese tantos, outra labazada do rival: tres pases e cabezada de Alex Forés.
Viviu A Malata un partido tolo. Unha tromba de gran fútbol cun golazo de Iker Losada para o empate final.
Pero vexamos máis alá. Todo o que tivo o Racing nos últimos minutos. Unha testada de Jon García e outra de David Dastro. Foi un final incrible. Sabín Merino ao poste. Cara a ese mesmo poste, foi uns minutos despois este remate de Álvaro Giménez. E outra vez Álvaro Giménez tivo preto, moi preto, o gol da vitoria.