Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing leva o derbi do Espiñedo (0-2)

O Rácing leva o derbi do Espiñedo (0-2)

Decidiron os goles de Álvaro Ramón e Edgar para un Rácing que suma 20 puntos

O Arenteiro dispuxo dun penalti no treito final que lle detivo Mikel Parera a Mingo

Os ourensáns acumulan 8 partidos sen gañar

G24.gal 08/11/2025 18:42

O derbi era de necesidades, a do Arenteiro para fuxir dos postos de descenso, a do Racing para refacerse logo de dúas derrotas seguidas. E no Espiñedo, nun escenario no que os partidos se deciden por detalles foron dous os que marcadon a diferenza. O máis importante, o excelente golpeo de Álvaro Ramón para abrir a conta do Racing. Golazo. Importante tamén o minuto, xa no engadido do primeiro tempo.

E, xusto á volta do descanso, veu o segundo. Xogada de estratexia que culmina Edgar Pujol. O dominicano remata nunha posición un tanto complicada. Dous goles, no 45+2 e no 46' deixaron o partido decidido.

Só houbo incerteza contra o final, nun penalti sobre Richarte. Ollo á acción desafortunada con Chema. O xogador do Arenteiro non puido regresar ao campo. Quedaba por ver a extraordinaria dobre intervención de Miquel Parera para evitar o gol de Mingo. Unha acción de moito mérito para concluír o partido. O Räcing queda con 20 puntos, momentaneamente na terceira praza. O Arenteiro acumula oito xornadas sen gañar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade