O Rácing gaña en Talavera e ten o ascenso na súa man
Un temperán gol de Manu Justo chegoulle ao cadro departamental para lograr un triunfo co que dependen de si mesmos na última xornada
O Rácing xogará o ascenso na última xornada diante do Celta B e co apoio do seu público. Unha situación soñada ao principio do campionato e á que chega o equipo departamental despois de gañarlle por 0-1 ao Talavera no Prado.
Acompañados por centos de seareiros os verdes saíron a por todas e antes do minuto 5 xa gañaban co tanto de Manu Justo. Foi un partido moi serio do Rácing, sen concesións defensivas. O único punto negro chegou ao comezo da segunda metade cando o Talavera, un equipo xa descendido, gozou dalgunha ocasión que inquedou a vitoria.
Despois deses minutos de incerteza o Rácing volveu a coller o mando do partido e manexou con mestría os intres finais. O Alcorcón non fallou no campo do San Fernando (0-2) e mantense con vida para unha última xornada na que os galegos, gañándolle no derbi ao Celta B volverían á Segunda División.