Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing e a Ponferradina empatan nun amigable de aspirantes ao ascenso

O Rácing e a Ponferradina empatan nun amigable de aspirantes ao ascenso

O ourensán Raúl Dacosta marcou un gran gol para o equipo departamental

G24.gal 16/08/2025 21:22

O Rácing e a Ponferradina empataron (1-1) nun amigable xogado no campo da Gándara a dúas semanas de que comece o campionato da Primeira Federación. Na teoría serán dous dos equipos que pelexen polo ascenso directo. 

Adiantouse o cadro berciano no primeiro tempo cun remate de Pau Ferrer sobre a liña de gol. Empatou no segundo tempo o Rácing cunha grande acción individual do ourensán Raúl Dacosta que definiu cun gran disparo. Os dous equipos gozaron de boas oportunidades, sobre todo no recomezo, pero o resultado xa non se moveu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade