Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Racing cumpre co seu papel contra o Talavera e mantense invicto

O Racing cumpre co seu papel contra o Talavera e mantense invicto

Un gol de Manu Justo abondou para derrotar o cabeiro

O Racing durmiu de líder por segunda xornada consecutiva

G24.gal 08/10/2022 21:39

O Racing suma e segue. Un gol de Manu Justo abondoulle para gañar na Malata contra un Talavera que evidenciou a enorme diferenza que existe entre o primeiro clasificado e o cabeiro.

O único gol do partido chegou no minuto 42, logo dun gran movemento na área de Manu Justo, e puideron ser máis se os de Cristóbal estivesen máis atinados. Pero foi suficiente para que o Racing sume a sexta vitoria en sete partidos. Destácase no liderado nunha campaña en que, polo momento, so cedeu un empate, e conta os partidos como local por vitorias. O Talavera, último equipo en incorporarse á categoría coa Liga xa comezada, aínda non puntuou.

Cristóbal Parralo valorou a vitoria diante do pechacancelas, xa que recoñeceu que os seus tiveron algunha presión engadida ante o partido. O técnico cre que o Racing está no bo camiño, pero que a temporada vai ser moi longa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar