O Rácing continúa coa súa renovación: buscan un extremo esquerdo e outro central
O Rácing comezará a liga con 12 fichaxes respecto ao equipo que ascendeu
O Rácing que comeza a Liga en Elxe o sábado parecerase só en parte ao que festexou o ascenso hai dous meses e medio. Mestura case ao cincuenta por cento caras vellas e novas. Chegaron doce reforzos. Nomes xa coñecidos na categoría como Cantero, Delmás, Señé, Alvaro Giménez ou Sabin Merino. O Rácing deulle prioridade ao oficio
No banco, o equipo técnico liderado por Cristóbal por terceiro ano oferta a continuidade nun estilo de xogo que conduciu os verdes ao ascenso tras quince anos fóra do fútbol profesional.
Explicou Carlos Mouriz en Ao contraataque que a estas novidades sumaráselle un extremo esquerdo e un central. O club busca estes dous xogadores e interesaron por Miguel Rodríguez, que acaba de renovar co Celta, pero o atacante rexeitou a oferta. Tamén resaltou que non contan con que se produza ningunha saída e que o límite salarial do club será de 5 millóns, mentres que o derradeiro ano foi de 1,6 millóns de euros.