Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Racing comezará en Balaídos se non rematan as obras na Malata

O Racing comezará en Balaídos se non rematan as obras na Malata

Carlos Mouriz explicou que tratarán de rematar as obras antes do comezo da competición

Elixiuse Balaídos como substituto porque era o único estadio xa preparado

G24.gal 11/07/2023 14:27

Falou coa prensa o director deportivo do Racing de Ferrol Carlos Mouriz e deixou clara a posición do club respecto onde comezarán a liga: tratarán, ata o derradeiro minuto, de xogar o primeiro encontro como locais na Malata, mais se non llo permiten por non ter as obras rematadas xogarán en Balaídos.

Semella que os aficionados ferroláns deberán viaxar a Vigo, pois Mouriz deixou claro que "non se pode facer ao momento todo o que un quere". O director deportivo tamén comunicou que o proceso é complexo polo cambio de goberno na cidade, aínda que afirmou que "o inicio das obras é inmediato".

Tamén falou Héber Pena, un dos piares do ascenso e unha das maiores esperanzas para toda a afección do Racing de Ferrol.

O futbolista xa xogou na Segunda División, mais tivo unha mala experiencia polo seu descenso co C. E. Sabadell. Agarda que o club ferrolán si que logre o seu obxectivo de conseguir a salvación e que "poidan seguir soñando".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade