Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing chega tarde á Malata e cae diante do Castellón (1-3)

O Rácing chega tarde á Malata e cae diante do Castellón (1-3)

Señé acurtou diferenzas, pero Van den Belt sentenciou co Castellón en inferioridade

Logo da gran vitoria no campo do Levante, Menéndez non puido estrearse con vitoria na casa

G24.gal 08/02/2025 16:03

Dúas accións desafortunadas dentro do primeiro cuarto de hora do partido contra o Castellón botaron por terra as aspiracións dos departamentais de acadar a segunda vitoria consecutiva. Estreábase Menéndez no banco local, pero ese 0-2 nos primeiros trece minutos foi unha lousa demasiado grande, e acabou custándolle ao equipo a primeira derrota na nova era, o que frea a súa escalada na táboa.

A culpa tivérona dúas accións desafortunadas. A primeira, un autogol de Naldo cando intentaba despexar no minuto 4. E a segunda, no 13, acabou nun bonito tanto de Raúl Sánchez.

Os goles foron un xerro de auga fría para os departamentais, que tardaron 38 minutos en efectuar o seu primeiro remate a porta. Parouno sen problemas Gonzalo. Nestes últimos minutos o Rácing creou máis perigo, e mesmo pediu unhas mans no tempo engadido, pero a revisión do VAR determinou que eran fóra da área, co que non foron asubiadas.

Na segunda metade volveu entrar mellor o Castellón, que pisou área durante os primeiros minutos. Pero a primeira grande ocasión foi do Rácing, cun remate de Dorrio que bateu no pau.

Chegaron entón dous momentos importantes para o partido. Primeiro, Zarfillo vía o segundo cartón e deixaba con 10 ao Castellón. E, despois, un penalti que, en primeira instancia, detívolle Gonzalo a Señé. Pero a repetición do VAR determinou que o porteiro adiantara os dous pés. Señé volveu coller a pelota e, desta volta, non perdoou o 1 a 2.

Pero, cando parecía que estaba máis preto o empate que o gol do Castellón, Van den Belt desafiou á lóxica cun zapatazo nunha acción dubidosa, que se converteu no 1-3 e deixou desarmados os ferroláns. Non houbo tempo para unha nova reacción, e así rematou o partido. Primeira derrota da era Menéndez en Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade