Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing cae contra o Tenerife (0-2) e perde o paso do liderado

O Rácing cae contra o Tenerife (0-2) e perde o paso do liderado

Os goles de Nacho e Ulloa disparan ao Tenerife, que se afasta cinco puntos do Rácing

Foto: @CDTOficial
G24.gal 01/11/2025 20:54

O Tenerife fixo valer a súa condición de líder na Malata onde se amosou superior a un Rácing descoñecido, sobre todo no primeiro tempo no que acumulou chegadas e oportunidades.

A primeira de Baldé ós oito minutos puxo a proba a fiabilidade de Parera. A omnipresencia de Nacho Gil estivo a piques de desfacer o empate pouco despois, pero o seu disparo lonxano marchou preto do poste. O aviso do valenciano transformouse en gol o fío da media hora de xogo, cando o centrocampista aproveitou a falta de contundencia da defensa racinguista para marcar o cero a un.

Baldé contou cunha boa ocasión para aumentar a vantaxe, pero de novo volveu tropezar con Parera para impedirllo. Melloraron os ferroláns na recta final do primeiro tempo poñendo en apretos a meta de Dani, pero nin David Concha antes do descanso, nin Alvaro Giménez a volta da caseta estiveron acertados de cara a portería ante a frustración do sancionado Pablo López no palco. Enric Gallego respondeu con outro perigoso achegamento rexeitado por Parera.

O meta, sen embargo, non puido evitar o segundo tanto no minuto un do engadido logo dun córner sacado por Nacho Gil e rematado por Ulloa que levaba quince minutos no campo. O triunfo permítelle os insulares volver o camiño do triunfo logo de dúas derrotas consecutivas e de tres partidos sen gañar en sen marcar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade