O Rácing buscará puntuar no Martínez Valero
O Rácing estrearase este sábado ante un Elxe recentemente descendido
Chégalle a Liga ao Rácing de Ferrol en plena montaxe do equipo e tras unha precampaña complexa, de moitas idas e vidas de xogadores.
Á primeira de cambio visita, ademáis, un Elxe que aspira a volver a Primeira. O que non obsta para que os ferroláns lle plantexen unha dura batalla.
Cristóbal afirmou que non cree que a estas alturas ningún equipo estea ao 100 % porque "hai xogadores que chegaron máis tarde e están cortos de forma". Tamén resaltou como quere que sexa o seu Rácing, "un equipo que compita e non lle perda a cara aos encontros".
Un Rácing que estrea categoría e tamén equipmentos en Elxe. Camisola verde, branca e vermella, que voaron na primeira xornada á venda na tenda oficial do club.