Cargando resultados...
O Rácing busca unha vitoria balsámica en Santander
Cristóbal ten a baixa de Álvaro Giménez, pero recupera a Rober Correa
G24.gal
18/01/2025 14:14
Para o Rácing de Ferrol, a cita é mañá no Sardinero. Campo difícil. O Rácing de Santander sumou en oito dos once partidos que disputou na casa. Pero os ferroláns van motivados trala derrota da primeira volta.
E tras o último punto fronte ao Cartaxena. Saben que hai que ir partido a partido, que queda toda unha volta por diante e que cada semana hai que pelexar a salvación. Este mediodía, último adestramento. Non entra na convocatoria Álvaro Giménez, cunha inflamación nun tendón. Cristóbal pode contar con Rober Correa, trala sanción, e con Gelardo, con molestias esta semana.