Publicador de contidos

Publicador de contidos

O programa Medrando Xuntas impulsa a presenza das mulleres na economía social

O programa Medrando Xuntas impulsa a presenza das mulleres na economía social

Pretende impulsar o talento feminino en cooperativas, asociacións e confrarías 

G24.gal 16/06/2023 13:42

Aumentar a presenza das mulleres nos núcleos de toma de decisións é o propósito do foro Medrando Xuntas. Esta edición, a número sete, celébrase en Meaño e pretende impulsar o talento feminino en cooperativas, asociacións, confrarías e outras organizacións da economía social. 

 "No programa están representadas mulleres de todas as familias da economía social, desde cooperativas, sociedades laborais ou confrarías de pescadoras. O que vemos é que a muller ten un peso moi importante no sector, pero que ás veces segue a ser complicado que tomen a voz e se deixen escoitar", explica Noelia López, organizadora do programa Medrando Xuntas.

Que as mulleres participen máis na toma de decisións é o obxectivo deste foro que clausurou a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade. Foi o primeiro acto público desde que tomou posesión. Elena Rivo falou do sector como clave do mercado de traballo e destacou a súa capacidade para fomentar un emprego de calidade, igualitario e sustentable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade