Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos de Inglaterra recibiu tres millóns de euros en efectivo dun xeque qatarí

Carlos de Inglaterra recibiu tres millóns de euros en efectivo dun xeque qatarí

As entregas de cartos entre 2011 e 2015 realizáronse unha vez nun maletín e as outras en bolsas dunha tenda de comestibles provedora da casa real

O xornal 'The Sunday Times', que publicou a exclusiva, asegura que non houbo ilegalidade no donativo do xeque Al Thani

A Casa do Príncipe aclara que as doazóns foron entregadas de inmediato a unha das súas organizacións caritativas 

O príncipe Carlos no Cumio da Commonwealth O príncipe Carlos no Cumio da Commonwealth
G24.gal 26/06/2022 19:27 Última actualización 26/06/2022 22:42

O príncipe Carlos, herdeiro ao trono británico, aceptou maletas e bolsas cheas de cartos como donativo do xeque qatarí Al Thani, exprimeiro ministro do emirato, conforme publica The Sunday Times.

O xornal informa de que nunha das ocasións, o dirixente qatarí ofreceulle os cartos, un millón de euros, en bolsas da tenda de alimentación de luxo Fortnum & Mason.

The Times asegura que Al Thani lle entregou cartos persoalmente ao príncipe de Gales ata en tres ocasións diferentes. Crese que Carlos recibiría en man entre os anos 2011 e 2015 tres lotes en efectivo por valor de tres millóns de euros.

A Casa de Clarence, ante o escándalo e a inminente publicación dos datos este domingo, aclarou o sábado pola noite que "as doazóns entregáronse de inmediato a unha das organizacións caritativas do príncipe, que teñen unha xestión axeitada e aseguran que se seguen todos os procesos correctos", explicou.

O xornal explica que tras recibir a maleta, Carlos entregouna a dous asesores seus que contaron os cartos a man, supostamente en billetes de 500 euros. Os cartos, conforme o voceiro de palacio, foron ás contas do Fondo de Caridade do príncipe de Gales, que xestiona os proxectos de caridade privados de Carlos en Escocia.

The Times observa que as reunións do herdeiro co xeque non aparecen na listaxe de compromisos oficiais asumidos por membros da realeza. The Sunday Times aclara que non hai indicios de que se cometera ningunha ilegalidade, pero sinala que os donativos aumentarán as dúbidas sobre a xestión das organizacións benéficas do príncipe Carlos, que asumiu máis funcións pola avanzada idade da súa nai, Isabel II.

A policía investiga desde febreiro alegacións de que o axudante máis próximo a Carlos, Michael Fawcet, prometeulle títulos e a cidadanía a un millonario saudita a cambio de que fixera donativos benéficos, algo que o príncipe asegurou que descoñecía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade