Publicador de contidos
Publicador de contidos

O primeiro disco de Antía Muíño é unha 'Carta aberta'

O primeiro disco de Antía Muíño é unha 'Carta aberta'

A artistas da Costa da Morte presenta o seu primeiro disco, Carta aberta

Acaba de ser recoñecida como mellor artista emerxente nos premios Martin Codax

Temas propios e versións completan este LP, impregnado de tradición e jazz

G24.gal 29/11/2022 12:14

Ela é a mellor artista emerxente de Galicia, recoñecida así nos últimos premios Martin Codax: Antía Muíño sorprendeunos no 2020, ao saír do confinamento, cun par de sinxelos e moito gusto versionando. Coa súa guitarra percorreu Galicia, dos escenarios da Costa da Morte á montaña. Escoitámola tamén nalgunha colaboración, con Néboa ou Mel máis recentemente. Todo isto fai que este sexa un primeiro disco que sabe a máis.

Chámase 'Carta aberta', e curiosamente pecha ese camiño que comezou hai dous anos, cando publicaba o seu primeiro sinxelo, co mesmo nome. Nel hai copla tradicional, jazz, pop e mesmo troba francesa. Cancións de composición propia e arranxos moi persoais que leva ao seu terre, o da mínima expresión. Apenas a súa voz, unha guitarra, saxofón e unha discreta percusión son as súas armas.

"A miña intención é tocar en cada momento o que me pide o corpo, o que me fai feliz, e iso pasa tamén por versionar temas que me gustan". Eses temas van desde o 'Canta miña compañeira' que abre o disco, 'La llorona' ou a troba francesa 'Una jeune fillette'. "Con elas tamén melloro as miñas composicións propias", comentou Muiño nesta entrevista para o Diario cultural da Radio Galega

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade