Publicador de contidos
Publicador de contidos

O prezo da gasolina volve encarcer ata venderse a unha media de 1,76 euros o litro

O prezo da gasolina volve encarcer ata venderse a unha media de 1,76 euros o litro

O prezo do gasóleo incrementou un 0,2 %, ata venderse a unha media de 1,686 euros

Encher un depósito medio de 55 litros custa na última semana case 97 euros se se opta pola gasolina e case 93 euros no caso do gasóleo

G24.gal 28/09/2023 12:46

A gasolina volveu encarecer na última semana (un 0,5 % máis) ata venderse a unha media de 1,76 euros o litro, co que desde a fin dos descontos o seu prezo subiu un 9 %, segundo os últimos datos do Boletín Petroleiro da Unión Europea. O prezo do gasóleo incrementou un 0,2 % ata venderse a unha media de 1,686 euros.

Con estes prezos, encher un depósito medio de 55 litros custa na última semana case 97 euros se se opta pola gasolina e case 93 euros no caso do gasóleo. A gasolina encadea 12 semanas de subas, desde o 10 de xullo, en plenas vacacións de verán. Así mesmo, mantense por encima de 1,7 euros o litro desde hai seis semanas. Con este novo aumento o prezo da gasolina é o máis caro que se rexistra desde mediados de xullo de 2022, cando alcanzou os 1,75 euros por litro a pesar de estar entón vixente a bonificación aprobada polo Goberno.

No caso do gasóleo, tamén suma doce semanas consecutivas á alza e encadea seis por encima dos 1,6 euros o litro. Con todo iso, este carburante rexistra o prezo máis alto desde a última semana de xaneiro de 2023, cando superou os 1,7 euros.

Por baixo da media europea

O prezo de ambos os carburantes en España é máis baixo que o que se rexistra de media na zona euro e na Europa dos Viente e Sete.  Así, na zona euro a gasolina véndese a 1,84 euros e o gasóleo a case 1,8 euros. Polo que respecta á Europa dos Vinte e Sete, a gasolina supera os 1,9 euros e o gasóleo está a máis de 1,85 euros o litro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade