O prezo da gasolina segue á alza e o do gasóleo baixa por primeira vez nun mes
Segundo estes datos, o custo da gasolina, que supera o do gasóleo por primeira vez desde finais de marzo, sobe un 1,1 % respecto á semana anterior, mentres que o gasóleo é un 1,4 % máis barato

O prezo da gasolina volver subir na última semana, aínda que o desconto de 20 céntimos por litro evitou que marque un novo máximo histórico, mentres que o gasóleo caeu por primeira vez desde mediados de abril.
Segundo os datos difundidos polo Boletín Petroleiro da Unión Europea, a gasolina véndese en España, co desconto aplicado, a unha media de 1,697 euros o litro, mentres que o gasóleo o fai a 1,687 euros.
Segundo estes datos, o custo da gasolina, que supera o do gasóleo por primeira vez desde finais de marzo, sobe un 1,1 % respecto á semana anterior, mentres que o gasóleo é un 1,4 % máis barato.
Se se exclúe o desconto aprobado polo Goberno, a gasolina marcaría un novo récord, cun prezo de 1,897 euros o litro; mentres que o gasóleo alcanzaría o seu segundo prezo máis alto da historia, con 1,887 euros.