Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presunto autor do atropelo do Pino podería enfrontarse a 10 anos de cárcere

O presunto autor do atropelo do Pino podería enfrontarse a 10 anos de cárcere

A vítima mortal é un home de 67 anos veciño do concello do Pino

O presunto autor do atropelo ten 19 anos e deu positivo no test de alcolemia

G24.gal 02/01/2024 13:49 Última actualización 02/01/2024 15:11

A portavoz da Comandancia da Garda Civil da Coruña avisaba os medios de comunicación do accidente pouco tempo despois de producirse: "Foi ás 11:40 da mañá, nunha pista local que vai de Ferreiros a Dodro, no concello do Pino. É un atropelo por parte dun turismo a dúas persoas, unha resultou ferida leve e a outra faleceu. Trátase dun veciño do Pino de 67 anos de idade", dixo.

O condutor fuxiu tras o accidente, pero os restos do coche permitiron identificalo e, ao pouco, as forzas de seguridade detivérono. O presunto autor do atropelo é un mozo de 19 anos e deu positivo no test de alcoholemia. Podería enfrontarse a varios delitos. 

"Respectando a presunción de inocencia, podemos estar ante un escenario de homicidio imprudente, unha omisión do deber de socorro e unha hipotética condución baixo a influencia de bebidas alcólicas", segundo o avogado Evaristo Nogueira.
 

E estes delitos supoñen unha pena que podería chegar aos dez anos de cárcere. "O homicidio imprudente, ao haber un ferido e un falecido, podería chegar a seis anos de privación de liberdade, de prisión, a omisión do deber de socorro nun accidente de circulación pode chegar aos catro anos de prisión", lembrou Nogueira.

Ademais, se se engade a condución baixo o efecto de bebidas alcólicas, poderían retirarlle o carné de conducir e impoñerlle unha sanción económica. Agora queda pendente da citación para o xuízo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade