Publicador de contidos

Publicador de contidos

O presunto agresor da muralla xa fora condenado por abusos sexuais cando era menor

O presunto agresor da muralla xa fora condenado por abusos sexuais cando era menor

Abusara sexualmente dunha nena de 12 anos cando el tiña 17

A vítima da suposta agresión continúa ingresada na UCI

G24.gal 05/11/2021 09:47 Última actualización 05/11 14:55

O presunto agresor da moza que supostamente foi empurrada desde a muralla de Lugo foi condenado cando era menor por unha agresión sexual.

Ao parecer, o mozo tiña 17 anos cando foi condenado por abuso e agresión sexual contra unha nena de 12 anos, tras un presunto acordo matrimonial entre as familias dos dous menores. Cando a rapaza foi liberada, contou ante a policía os malos tratos e abusos a que a sometían a diario.

Polos abusos sexuais á cativa, o agresor tivera que recibir educación por parte de expertos terapeutas. Malia todo, estes feitos non figuran no seu historial delituoso, dado que se produciron antes de acadar a maioría de idade.

Non se tiveron, polo tanto, en conta á hora de deixalo en liberdade cos cargos de lesións graves e de omisión do deber de socorro, aos que se sumaría un delito de odio se se confirma que se tratou dun ataque tránsfobo. 

A moza á que supostamente empurrou desde a muralla segue na UCI, aínda que a familia di que evoluciona ben. Ten varias fracturas graves e aínda non puido declarar. O presunto agresor está en liberdade con cargos. Impútanlle os delitos de tentativa de homicidio e omisión de socorro.

En relación ás informacións publicadas, desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), aclararon este venres que ningunha das partes solicitou o ingreso en prisión do detido, polo que é "imposible que o xuíz de garda o acordase".

Este venres á tarde haberá unha concentración de repulsa fronte ao xulgado organizada por varios colectivos LGTBI, que ven este incidente como un ataque transfóbico, xa que a vítima é transexual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade