Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dina Boluarte, primeira presidenta do Perú, chama a conformar un Goberno de unidade nacional

Dina Boluarte, primeira presidenta do Perú, chama a conformar un Goberno de unidade nacional

Dina Boluarte agradece o "rol fundamental" das Forzas Armadas e da Policía Nacional, que rexeitaron o intento de autogolpe de Estado de Pedro Castillo

O exmandatario está detido, acusado de quebrantar a orde constitucional e investigado pola presunta comisión dun delito de rebelión

Decretou a disolución do Congreso para tentar evitar o debate dunha moción de censura que o acabou apartando do cargo

Pedro Castillo, trasladado á prisión en que está encarcerado o expresidente Fujimori

Dina Boluarte xura o seu cargo como presidenta do Perú
G24.gal 07/12/2022 18:23 Última actualización 08/12/2022 12:55

A primeira presidenta peruana convocou a todas as forzas políticas a un amplo proceso de diálogo para superar a difícil situación que atravesa o país. No seu discurso tras xurar o cargo, pediu unha tregua política para instalar un Goberno de unidade nacional.

Dina Boluarte marcou como prioridades loitar contra a corrupción nas institucións, retomar a axenda de desenvolvemento económico con inclusión social e activar a reforma política que, segundo destacou, urxe no Perú. Nada dixo de convocar eleccións anticipadas.

Intento de autogolpe de Estado

A ata agora número dous do Goberno -que compartiu candidatura con Pedro Castillo nos comicios do ano pasado por Perú Libre- asumiu a Presidencia horas despois de que o seu predecesor tentase dar un autogolpe de Estado.

Castillo decretou a disolución do Parlamento e o estado de emerxencia, buscando impedir o debate da terceira moción de censura na súa contra.

Pero ningún dos poderes públicos nin os militares nin os policías o secundaron e o pleno do Congreso destituíuno por "permanente incapacidade moral", con 101 votos a favor do total de 130.

Está detido acusado de quebrantar a orde constitucional. A Fiscalía abriulle ademais unha investigación preliminar pola presunta comisión dos delitos de rebelión e conspiración.

Rexeitamente unánime. Pedro Castillo queda só.

Minutos despois da mensaxe na que decretaba o estado de emerxencia, a vicepresidenta acusábao de "golpe de Estado", como volvería facer unhas horas despois xa como nova mandataria.

"Demandamos ás institucións correspondentes manterse firmes no respecto ao Estado de dereito e pedimos á cidadanía, á sociedade civil organizada, a manterse vixiantes en defensa do estado democrático de dereito", dixo Barrios nunha mensaxe transmitida nas redes sociais do Poder Xudicial. 

O Comando Conxunto das Forzas Armadas e da Policía Nacional aseguraba que non acataría actos contrarios á orde constitucional.

"Calquera acto contrario á orde constitucional establecida, constitúe unha infracción á Constitución e xera o non acatamento por parte das Forzas Armadas e a Policía Nacional do Perú", sinalaron nun comunicado.

O intento de autogolpe de Estado tamén foi condenado de inmediato por Perú Libre, a forza de esquerdas que levou a Pedro Castillo á Presidencia, con Dina Boluarte como vicepresidenta, e da que ningún deles forma xa parte. Un partido que só conserva 15 dos 37 escanos cos que comezou a lexislatura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade