Publicador de contidos

O presidente do PP prepara o seu discurso de investidura, que comeza este martes

O presidente do PP prepara o seu discurso de investidura, que comeza este martes

Feijóo explicará o seu programa de goberno baseado en seis pactos de Estado

Haberá dúas votacións con 48 horas de diferenza e sen visos de prosperar

G24.gal 25/09/2023 08:16

O presidente do PP estréase este martes ás doce na tribuna do Congreso, 35 días despois de que o rei o propuxera como candidato á presidencia do Goberno.

Explicará con detalle o seu programa de goberno, baseado nun documento que xa lle entregou a políticos e axentes sociais. 

Di que busca un grande acordo pola igualdade e o benestar. O texto inclúe seis pactos de Estado e un acordo para defender a integridade territorial de España.

Feijóo intervirá sen límite de tempo e pode pedir a palabra cando queira. Despois do seu discurso, o pleno retomarase pola tarde coa intervención dos grupos parlamentarios, de maior a menor. 

O líder dos populares chega ao debate coa previsión de 172 votos a favor. Ademais do PP, suma a Vox, UPN e Coalición Canaria. Insuficientes fronte aos 178 deputados que votarán en contra.

Así que, prevense dúas votacións. Unha o mércores, pública por chamamento, na que precisaría maioría absoluta, e outra o venres, na que lle chegaría con maioría simple, máis votos a favor que en contra, que previsiblemente tampouco prosperará.  

O debate que comeza mañá supón a decimo sétima sesión de investidura da democracia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos

Publicador de contidos