Publicador de contidos

Publicador de contidos

O presidente do Hull City recoñece os contactos para asinar a Yeremay

O presidente do Hull City recoñece os contactos para asinar a Yeremay

Acun Ilicali asegurou á BBC que "en 3 ou 4 días se tería que resolver a operación"

"Sería o traspaso récord do club, pero para o xogador é unha decisión moi difícil", comentou o mandatario

G24.gal 20/08/2026 09:37

En todos os finais de mercado dos últimos anos sempre aparece o nome de Yeremay Hernández. O canario, referente do Deportivo nas últimas campañas, ten un novo pretendente tal e como recoñeceu nunha entrevista coa BBC o presidente do Hull City Acun Ilicali. 

Ilicali falou abertamente sobre o interese por Yeremay: "É unha decisión crítica para el. Falamos dun xogador que leva toda a vida nun mesmo equipo. Teño sensacións positivas pero a ver como remata o asunto. Agardo que en 3 ou 4 días poida estar resolto", comentou o presidente do Hull, recén ascendido á Premier League. 

"O ano pasado o Deportivo rexeitou unha oferta de 25 millóns de euros do Spórting de Portugal. A fichaxe é moi dura. No caso de producirse sería o récord do club de investimento", asegurou un Ilicali que está ao tanto do estado físico de Yeremay. 

A pouco máis de dez días de que se peche a ventá de fichaxes parece que teremos novo serial no Deportivo co diñeiro da Premier chamando á porta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos