Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente de Nordés Club Empresarial augura catro anos coa enerxía a prezos elevados

O presidente de Nordés Club Empresarial augura catro anos coa enerxía a prezos elevados

G24.gal 24/06/2022 09:14

Carlos López Navaza, presidente de Nordés Club Empresarial, e propietario ademais dunha consultoría, afirma que a luz e os carburantes seguirán ata 4 anos en prezos moi elevados.

Nunha entrevista no Galicia por Diante (GxD) da Radio Galega, López Navaza dixo que só empezarán a baixar cando non dependamos tanto das importacións de petróleo e de gas.

"En dous, tres ou catro anos imos estar en prezos elevados porque non dependemos só da transición que fagamos en España. Dependemos moito do estranxeiro, de todas as importacións que facemos de produtos enerxéticos, especialmente do gas e do petróleo. E por iso dependemos: como vemos, de que haxa unha guerra, ou a OPEP tome unha decisión ou que un certo país teña un problema. É difícil. A máis longo prazo, loxicamente cando as renovables teñan unha maior presenza no mix enerxético, a enerxía eléctrica irá a prezos máis normais".

López Navaza defende ademais as centrais térmicas de carbón como unha alternativa ás de gas: "Pechalas foi unha decisión en certo momento un pouco precipitada. Nestes momentos por exemplo Alemaña está retomando as centrais de carbón. Están volvendo operar con elas porque é outra maneira de producir enerxía eléctrica pero nestes momentos ten máis estabilidade que a que producimos con gas, e ademais é máis barata".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar