Cargando resultados...
O presidente de Portugal disolve o Parlamento e convoca eleccións
A data exacta dos comicios vaina anunciar Rebelo de Sousa no día de hoxe
António Costa non logrou apoios para aprobar os presupostos

G24.gal
04/11/2021 12:37
A disolución do Parlamento portugués, aceptada polo Consello de Estado a proposta do presidente Marcelo Rebelo de Sousa, empurra o país a unhas eleccións anticipadas que previsiblemente serán en xaneiro.
A data exacta anunciarase nas vindeiras horas e tamén os motivos do adianto electoral.
A decisión chega despois de que ao primeiro ministro, o socialista António Costa, o abandonaran os seus antigos socios e non lograra os apoios necesarios para a aprobación dos presupostos para 2022.
Só obtivo os 108 votos do Partido Socialista, fronte aos 117 da dereita e de parte da esquerda.