O presidente de Mercadona asegura que non hai risco de desabastecemento
Chama a que non se faga acaparamento de produtos
A distribución e o sector agroalimentario están preparados para que non falte mercancía, di Juan Roig
O presidente de Mercadona, Juan Roig, chama aos consumidores a que non fagan acaparamento de produtos porque non hai risco de desabastecemento.
Roig compara as compras desmesuradas que está a haber de aceite de xirasol coas de papel hixiénico hai dous anos e di que, como se viu entón, non están xustificadas porque a distribución está preparada para que non haxa falte mercancía:
"Non hai problemas de desabastecemento. Que logo vai haber feitos puntuais, por suposto. A cadea agroalimentaria española, os nosos competidores e todos os provedores estamos preparados para subministrar. Agora, se acaparamos nalgún momento... paulatinamente non teremos nun momento determinado, pero ao día seguinte ou aos dous, tres días teremos produto. Toda a distribución está moi ben preparada e o sector agroalimentario tamén, e logo teremos feitos puntuais de produtos que faltarán ou sobrarán como sempre pasou", dixo Juan Roig na comparecencia ante a prensa para presentar os resultados económicos de Mercadona en 2021.