Publicador de contidos

Publicador de contidos

O presidente de Asturias solicitará a declaración de zona catastrófica

O presidente de Asturias solicitará a declaración de zona catastrófica

Continúan activos 96 incendios, a maioría no occidente do Principado

Reaberto o tráfico entre Galicia e Asturias

G24.gal 31/03/2023 21:24 Última actualización 31/03/2023 22:28

Asturias segue ardendo. E aínda que a situación mellorou, rematado o xoves permanecían activos 96 incendios. As lapas rodean sete concellos da zona occidental da rexión. Preocupa sobre todo Valdés.

"Brutal, revolveuse o aire e levaba as chispas sobre as casas e vímonos moi apurados".

"O lume empezou a  baixar pola lomba ata a estrada e ata a porta da miña casa".

"O aire corría de todos os lados e lanzaba chispas que se metían en todas parte e pensamos arder".

Case 400 veciños foron evacuados das súas casas sen saber o que van atopar cando volvan.

"Desexando ir para a casa para descansar e ver como quedou aquilo"

Ata Oviedo, xa na zona centro do Principado, amenceu rodeado de lume. Arde o monte Naranco e as autoridades cren que non é casualidade.  

"Hai un auténtico terrorismo. Non se pode explicar doutra maneira que se incendiara o Naranco ou que estea ardendo a contorna do cuartel do exército máis que por iso, actuacións coordinadas", explicaba o presidente asturiano, Adrián Barbón, antes de anunciar que pedirán a declaración de zona catastrófica.

"Aínda que tivésemos 5.000 bombeiros aquí, non seriamos quen de frear esta vaga de incendios", apuntaba Barbón, o responsable de coordinar os equipos de extinción.  Os esforzos concéntranse en garantir a seguridade da xente e na medida do posible as súas propiedades.

O rei Filipe falou cos presidentes de Asturias, Cantabria e da Comunidade Valenciana para interesarse pola situación dos incendios nas súas comunidades. A UME reforzou os efectivos no Principado e a Xunta enviou un operativo para colaborar nos traballos de extinción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade