Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente da patronal de Pontevedra pide eliminar xa as peaxes da AP-9

O presidente da patronal de Pontevedra pide eliminar xa as peaxes da AP-9

O presidente da CEP considera que a supresión do pago nas autovías portuguesas "marca a senda" para España

Jorge Cebreiros non ve factible lexislar a reforma do despedimento

G24.gal 04/05/2024 11:56 Última actualización 04/05/2024 12:47

O presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra -CEP-, Jorge Cebreiros, "considera boa noticia" a decisión de Portugal de eliminar a peaxe en sete das súas autovías. Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega, Cebreiros opina que "marca a senda do que se pode e debe facer" en España.

En concreto, e tras informacións de posibles implantacións de peaxes en autovías españolas -non confirmadas polo Goberno central-, Cebreiros aposta por "non implantar" eses eventuais cobros nas autovías senón tamén acometer "xa a eliminación das peaxes" da AP-9. Segundo asegura, vai resultar "máis económico desprazarse ao Porto que desprazarse á Coruña".

"Marca unha senda do que se pode e se debe facer aquí. Non só non implantar custo de peaxe nas autovías, só lastraría a competitividade das empresas que fan uso destas vías de comunicación, tamén dos cidadáns que teñen que facer fronte ao pagamento desa suposta peaxe de autovías. Pero tamén marca o camiño de algo que vimos proclamando e defendendo dende hai tempo (...) que é xa eliminar as peaxes da autoestrada máis cara por quilómetro de España". 

Diálogo social

O presidente da patronal pontevedresa tamén aproveitou para criticar as propostas lanzadas pola ministra de Traballo e vicepresidenta segunda do Goberno sobre redución da xornada laboral e reforma do despedimento.

Cebreiros considera que son unha "forma curiosa de impulsar o diálogo social" a ameaza de Yolanda Díaz de que lexislará a redución da xornada se a patronal non acepta pactar antes do verán. 

Respecto á reforma do despedimento, Cebreiros di que "non lle parece factible" porque se a ministra pretende lexislar cunha maioría parlamentaria "non vexo unha estabilidade nese bloque que apoia ao Goberno que estea de acordo coa reforma". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade