Cargando resultados...
O artista Diego As pinta un novo mural na Comandancia da Garda Civil en Lugo
O graffiti reproduce un axente abrazando un neno nun rescate

G24.gal
20/05/2022 11:11
A arte chega á comandancia da Garda Civil de Lugo. O premiado artista urbano Diego As está pintando un graffiti nunha das paredes do cuartel.
A obra reproduce a faceta máis humana do labor que desenvolve a Benemérita, cun axente abrazando un neno que acaba de auxiliar. Predominarán os grises e os verdes, cor distintiva do corpo.