O PP solicítalle ao Supremo que lle esixa ao PSOE os extractos bancarios dos pagos en metálico
Ademais reclamaralle que valore solicitar a esa formación quen foron os perceptores deses pagos

O PP vai rexistrar un escrito ante o Tribunal Supremo para que esixa ao PSOE os extractos bancarios dos pagos en metálico a dirixentes do partido. Ademais, reclamaralle que valore solicitar a esa formación quen foron os perceptores deses pagos, segundo avanzaron fontes populares.
Desde que se coñeceu o informe da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil, o PP está a solicitarlle ao PSOE que presente os extractos bancarios para confirmar de onde saía o diñeiro que circulaba pola sede do PSOE en Ferraz.
Agora a formación de Alberto Núñez Feijóo dá un paso máis na súa estratexia de oposición e solicitaralle ao Supremo -como acusación unificada- que reclame ao PSOE os movementos e extractos bancarios para acreditar que ese diñeiro en efectivo que se daba a dirixentes do PSOE saía dunha conta bancaria.
Ademais, o PP quere que o Supremo analice se é pertinente investigar quen era os perceptores esas cantidades de diñeiro en metálico, que o propio presidente do Goberno, Pedro Sánchez, recoñeceu recibir "nalgunha ocasión", segundo engadiron as mesmas fontes.