Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP rexeita que Rueda compareza no Parlamento para explicar a situación da sanidade

O PP rexeita que Rueda compareza no Parlamento para explicar a situación da sanidade

O PPdeG acusa o BNG de "carroñismo político" por utilizar o caso da muller que morreu no PAC de Baltar, en Sanxenxo o pasado 6 de agosto

O marido chamara ao 061 e respondéranlle que non había ambulancias dispoñibles e acabou levándoa no coche particular ao PAC

Denuncia a morte da súa muller no PAC de Sanxenxo tras non conseguir ambulancia

G24.gal 26/08/2022 12:33

A Delegación Permanente do Parlamento rexeita, cos votos en contra do PPdeG, que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareza nun pleno extraordinario sobre a difícil situación sanitaria.

Os populares acusan o BNG de "carroñismo político" por utilizar o caso dunha muller que morreu no PAC de Baltar, en Sanxenxo o pasado 6 de agosto.

O BNG solicitou a comparecencia de Rueda para informar da morte desta paciente "nun contexto de falta de ambulancias" e explicar alternativas á "voadura programada" da sanidade pública que cre que está a levar a cabo o PPdeG, ao que a deputada nacionalista Montse Prado cualificou de "letal" para a saúde dos galegos.

Pero o deputado do PPdeG Alberto Pazos sostivo que esta morte "non ten nada que ver" coas "dificultades" do sistema sanitario galego, o que admitiu, e considerou unha "infamia" o comportamento do BNG como "pseudoparlamentaria indecente e necrófila".

De feito, relatou a serie de chamadas realizadas o pasado 6 de agosto ao servizo de emerxencias ante ese falecemento para asegurar que non faltara unha ambulancia, senón que non foi trasladada por unha "decisión clínica", e afirmou que o caso se xudiacilizou por aviso do propio persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e non polo marido da vítima, que non presentou denuncia ata 10 días despois.

Tamén dende o PSdeG, o seu portavoz parlamentario Luis Álvarez, quixo apartar esta morte da "grave" situación da sanidade galega e instou ao BNG "a non utilizar o Parlamento como administración paralela de Xustiza", aínda que apoiou a súa petición a que Rueda compareza para realizar unha "avaliación seria e rigorosa" das dificultades sanitarias e propoñer alternativas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar