O PP defende no Congreso un cambio no sistema de elección dos membros do CXPX
Todos os grupos lle recriminaron o bloqueo na renovación do órgano rector dos xuíces
O Partido Popular defendeu este martes no Congreso a súa proposta para reformar por lei o modelo de elección dos vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial.
A proposición vótase este xoves, pero todo apunta a que non prosperará. Só conta co apoio de Vox e de Ciudadanos, que, aínda así, foron moi críticos coa iniciativa.
Todos os partidos cargaron contra o PP por pretender reformar o órgano rector da xustiza sen acceder a renovalo. Os populares insisten en que é necesario.
María Jesús Moro, do PP, di: "Nunca en democracia en España se atacou, interferiu e debilitou tanto o Poder Xudicial como nesta lexislatura. Fíxose mediante leis, desmontando as facultades xurisdicionais, atacando os xuíces ou poñendo as leis ao servizo dos que foron condenados por sentenza firme".
Jaume Asens, de Unidas Podemos, di: "Que vostedes traian esta proposta aquí é unha burla e unha chantaxe".
Edmundo Bal, de Ciudadanos, di: "Tanto o PP coma o PSOE utilizaron históricamente a xustiza como arma política".
Francisco Aranda, do PSOE, di: "Non nos traian máis proposicións. Cumpran a Constitucíón e desbloqueen o CXPX. Fagan o que manda Europa, que lles deixou ben claro que primeiro hai que renovar o Consello e despois xa se pode falar sobre o sistema de elección. Están sós, illados e van contra dirección".