O PP anuncia que vai retirar o recurso á condena de Bárcenas e ao propio partido
González Pons explica que a actual dirección tivo coñecemento hoxe a través dos medios de comunicación
O vicesecretario de Institucións do partido di que o PP non vai manter un recurso que non se entende en termos políticos

O PP anunciou este luns que vai retirar o recurso presentado perante o Tribunal Supremo á sentenza que codenaba a Luis Bárcenas e o propio partido polo financiamento en B da reforma da súa sede na rúa Génova de Madrid.
No recurso o PP argumentaba que o delito polos que condenaban a Bárcenas e o PP xa prescribiran, polo que pedía a absolución do seu ex-tesoureiro Luis Bárcenas. A dirección de Alberto Núñez Feijóo sostén que non o sabía.
O vicesecretario de Institucións do PP, Esteban González Pons, explicou en conferencia de prensa este luns que o recurso se elaborou en novembro e que a actual dirección tivo coñecemento hoxe a través dos medios de comunicación, e decidiu retiralo porque neste caso a estratexia xurídica "choca" coa política e o PP non vai manter un recurso que non se entende en termos políticos.