Publicador de contidos
Publicador de contidos

O pontevedrés Carlos Álvarez, mellor xogador da Asobal

O pontevedrés Carlos Álvarez, mellor xogador da Asobal

Carlos Álvarez: "É unha barbaridade, teño 21 anos e en ningún momento pensas en estar con estes fenómenos"

O xogador pontevedrés formouse na canteira do Cisne

G24.gal 29/05/2024 12:11 Última actualización 29/05/2024 12:32

Aos seus tan só 21 anos, Carlos Álvarez sorprende toda a liga Asobal. O extremo pontevedrés foi elixido o mellor xogador de toda a tempada no seu primeiro ano no Ademar de León co apoio do 34,78 % dos clubs.

Boa parte deste galardón que outorga a liga Asobal chega polo grande acerto goleador que mostrou ao longo da tempada.

"É unha barbaridade, teño 21 anos e en ningún momento pensas en estar con estes fenómenos".

"Soño con xogar unha final a catro e oxalá estar algún día coa selección".

O pontevedrés anotou 190 goles en 29 partidos, deixando unha media de 6,55 por encontro, a porcentaxe máis alta de toda a liga.

Ademais, Carlos Álvarez é o máximo goleador, con 36 tantos máis que o segundo, Nacho Vallés do Benidorm.

O xogador pontevedrés formouse na canteira do Cisne e foi con eles con quen debutou na liga Asobal sendo aínda un neno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos