Cargando resultados...
O Pontevedra volve perdoar como visitante e xogará medio ascenso co Numancia
Estragou no campo do Avilés a posibilidade de coller catro puntos de diferenza á fronte da 2ª RFEF
G24.gal
16/03/2025 20:59
O Pontevedra deixou escapar outra grande oportunidade para abrir unha fenda de catro puntos co segundo clasificado, o Numancia. O seu gran rival polo ascenso empatara pola mañá pero o equipo de Yago Iglesias perdeu no campo do Real Avilés (1-0) nun partido que dominou por completo pero no que lle volveu faltar o gol.
Ese gol que si tivo Javi Cueto case que no único achegamento asturiano en todo o partido. Polo demais intentouno de todos os xeitos pero fóra da casa non lle están a saír as cousas. É a terceira derrota lonxe de Pasarón nos últimos catro partidos nos que só conseguiu un punto.