Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra quere esquecer en Salamanca a derrota contra o Badaxoz

O Pontevedra quere esquecer en Salamanca a derrota contra o Badaxoz

O domingo xogarán o Celta B e o Rácing, este último partido en directo pola G2

G24.gal 13/01/2023 21:58

O Deportivo visita un rival directo polo ascenso. O Alcorcón está empatado co Córdoba no liderado e os brancos e azuis poden poñerse a un punto. Unha oportunidade mais ca unha esixencia.

A hora de probar o efecto Lucas Pérez fóra de Riazor. Verémolo ás 5, pola G2. E Precisamente o equipo que saíu goleado da Coruña é o rival do Pontevedra tamén este sábado en Salamanca. Unionistas e granates están en zona de descenso.

Máis tranquilo está o Celta B. Despois de tres vitorias seguidas, a última sobre o Racing, saltaron ao medio da táboa, a catro puntos da promoción.

O contrario que os ferroláns, que veñen de tres derrotas e necesitan reaccionar na Malata. Aínda así chegan ó final da primeira volta en postos de playoff.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade