Cargando resultados...
O Pontevedra, preparado para un partido importante contra a Cultural (19 h, G2)
Toni Otero cre que o partido aínda non é a vida ou morte
G24.gal
11/02/2023 14:31
Na Primeira Federación, o Pontevedra estrea a iniciativa "bancada granate" con prezos reducidos para menores de 30 anos. Os de Toni Otero son os penúltimos e reciben os da Cultural Leonesa, que son os oitavos. Os granates levan cinco xornadas sen gañar. Poderán ver o partido ás sete na G2.
O técnico quixo baixarlle dramatismo ao partido na previa. Para el, "é un partido importante pero non decisivo. Non é a vida ou morte, aínda que, se gañamos, acadaremos un avance importante".