Publicador de contidos

Publicador de contidos

Toni Otero baixa dos despachos ao céspede para dirixir o Pontevedra

Toni Otero baixa dos despachos ao céspede para dirixir o Pontevedra

Esta mañá dirixiu o adestramento Sergio Moreira, que estaba no corpo técnico do destituído Antonio Fernández

O equipo rematou a primeira volta en postos de descenso, a catro puntos da salvación

G24.gal 18/01/2023 22:56 Última actualización 19/01/2023 17:45

O Pontevedra confirmou a elección de Toni Otero como adestrador para o que queda de temporada. Otero deixa o despacho, onde exercía de director deportivo, e ponse o chándal para dirixir un equipo, algo que non facía desde o 2015 cando realizou algo similar no Celta B. 

Esta mañá dirixiu o adestramento Sergio Moreira, que estaba no corpo técnico do destituído Antonio Fernández. O Pontevedra está na zona de descenso, a catro puntos da salvación, e xoga o domingo no campo do Linense.

A directiva do Pontevedra decidiu que era o momento de dar un cambio de rumbo na dirección deportiva e destituíu a Antonio Fernández Ribadulla. O adestrador galego, asinado esta mesma temporada, non estaba a cumprir coas previsións e o equipo rematou esta fin de semana a primeira volta en postos de descenso e a catro puntos da permanencia. 

/2023/20230119/TONI_frame_157.png
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos