Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo regresa en catro coches desde Barcelona

O Liceo regresa en catro coches desde Barcelona

Fará parada en Burgos para durmir

O equipo quedou atrapado no aeroporto de Barcelona debido ás fortes chuvias

O Liceo tamén lamenta que o club catalán Igualada non quixese "adiantar o partido que ambos os equipos disputaron este domingo "para regresar no día"

G24.gal 04/11/2024 13:49 Última actualización 04/11/2024 16:23

Finalmente o Liceo regresa en catro coches desde Barcelona. O equipo fará noite en Burgos. Ata o mércores pola noite non os recolocaban nun avión

Pola mañá, o club informou de que o seu plantel estaba atrapado no aeroporto de Barcelona ante a imposibilidade de voar debido á acción da DINA en Cataluña.

"Permanecemos á espera das instrucións do aeroporto, xa sexa para poder voar ou durmir na zona. Ante todo, e a pesar das incomodidades, defenderemos calquera medida que antepoña a seguridade da xente", destaca a entidade.

No seu comunicado de prensa, o Liceo tamén lamentou publicamente que o club catalán Igualada non quixese "adiantar o partido que ambos os equipos disputaron este domingo "para regresar no día" ao aeroporto da Coruña.

Juan Copa: "Esperando unha solución, hai moito caos. Pouca xente para atender".

"A ver se din algo. Se voamos hoxe, se quedamos, tampouco se pode saír do aeroporto".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade