O peixe do cerco, un produto de proximidade con moitas posibilidades na cociña

A sardiña ou o xurelo protagonizan algunhas das receitas da campaña promocional dos armadores do cerco
G24.gal 05/12/2023 13:56

Unha sardiña afumada e con toques cítricos pode ser unha boa opción para sorprender. É tan só unha das numerosas receitas que podemos preparar co noso peixe do cerco.

A sardiña, o xurelo ou mesmo a boga son algúns dos peixes que están a promover nos mercados galegos os armadores do cerco. Unha campaña que non deixa indiferente o consumidor. Ademais valoran este apoio á pesca galega de proximidade.

A asociación Acerga, que agrupa máis de 110 armadores, suliña a importancia de chegar aos máis cativos. A Xunta colabora nesta campaña para promover un sector que, segundo os armadores, atravesa un momento delicado polas limitacións na pesca do xurelo impostas pola Unión Europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar