Cargando resultados...
O Pazo prepárase para darlle unha calorosa benvida a Musa
O MVP da pasada ACB regresará este sábado coa camisola do Real Madrid
G24.gal
05/04/2023 21:56
O sábado o Breogán recibe o Real Madrid no Pazo e a estrela máis agardada en Lugo, Dzanan Musa que visitará por primeira vez Lugo desde a súa despedida a temporada pasada.
O xogador bosnio regresa á que segundo as súas palabras é a súa casa. A afección breoganista agarda con moita ilusión volver ovacionar o ex xogador que se gañou o cariño do público na súa etapa en Lugo. Tamén o esperan con moitas ganas os seus excompañeiros, os irmáns Quintela.