Publicador de contidos

Publicador de contidos

O patrón do Río Caxil, que participa no operativo: "Imos facer todo o posible, día e noite"

O patrón do Río Caxil, que participa no operativo: "Imos facer todo o posible, día e noite"

Roberto Sotelo e a súa tripulación coñecen os mariñeiros do Villa de Pitanxo

 

G24.gal 16/02/2022 15:02

No lugar do sinistro, a 250 millas de Terra Nova, traballa o operativo coordinado polo gardacostas canadense. Entre as oito embarcacións que rastrexan a zona na busca de tripulantes está o Río Caxil, un pesqueiro vigués. O seu patrón describe as duras condicións do rescate.

"Hai ondas de cinco metros e ventos de 30 nudos, forza sete. Quero trasmitirlles ás familias que pola nosa parte imos facer o posible, imos estar día e noite buscando, ata que o centro de rescate dea por finalizadas as tarefas de busca", explica Roberto Sotelo.

Unha busca que se complica pola noite, coa única axuda de focos e proxectores para escudriñar o mar. A iso hai que sumar o esgotamento e o factor emocional. No Río Caxil coñecen boa parte da tripulación do Villa de Pitanxo.

"Eu coñecía o capitán e tres mariñeiros, pero entre os meus tripulantes hai familiares tamén. É un núcleo pequeno e somos todos do Morrazo", di Sotelo.

O patrón do Río Caxil apunta a unha vía de auga como hipótese do naufraxio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade