Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Partido Popular pide unha condena política da mobilización da CIG ante a sede do partido

O Partido Popular pide unha condena política da mobilización da CIG ante a sede do partido

Din que se produciron escenas de violencia verbal contra traballadoras e xornalistas

G24.gal 26/11/2025 15:19

Unha marcha convocada pola CIG que percorreu as rúas de Compostela e rematou diante da sede do PP de Santiago.

As participantes berraron en coro consignas contra o Partido Popular e contra o presidente da Xunta e a conselleira de Política Social diante dun forte cordón policial. Houbo enfrontamentos verbais contra xornalistas que seguían a manifestación, o que obrigou a intervir as forzas de seguridade.

Desde a CIG aseguran que a mobilización estaba anunciada e autorizada.

"Foi comunicada á Subdelegación do Goberno e ao Concello de Santiago. Foi divulgada e contaba con todas as autorizacións", xustifica Marga Corral, Secretaria da Muller da CIG.

O Partido Popular di que son uns feitos intolerables e pide unha resposta política.

"Pedímoslle a Ana Pontón e ao BNG unha condena clara e contundente destes feitos. Ten que cesar esa conflitividade na que está inmerso o BNG" pide a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado.

A alcaldesa de Santiago comprende os motivos pero pide baixar a tensión.

"É lóxico que a xente se enfade, pero estaría ben para a política calmar bastantes os ánimos", di Goretti Sanmartín.

Desde o Bloque Nacionalista Galego rexeitan pronunciarse sobre estes feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade