Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parlamento debate a modificación da Lei de Saúde de Galicia

O Parlamento debate a modificación da Lei de Saúde de Galicia

Protexe o persoal sanitario fronte ás agresións e regula por primeira vez a violencia dixital

O conselleiro de Educación informará na Cámara sobre a modernización do modelo de Formación Profesional de Galicia

G24.gal 24/03/2026 08:36

Ás dez arrinca o pleno no Parlamento Galego co debate e votación do ditame polo que se modifica a Lei de Saúde de Galicia, que prevé sancións por agresión ao persoal sanitario de emerxencias e regula por primeira vez a violencia dixital exercida tanto por pacientes como polos seus familiares ou acompañantes. As multas poderán chegar aos 3.000 euros.

Segundo o conselleiro, trátase dun compromiso que a Xunta adquirira coas asociacións que representan este grupo de traballadores, posto que pola natureza do seu traballo teñen un alto nivel de exposición aos riscos de agresión.

As multas por agredir o persoal sanitario

A norma considera infraccións leves as faltas de respecto e insultos ao persoal sanitario, con multas que poderán ir de 300 a 1.500 euros; serán infraccións graves os actos de resistencia, coacción, acoso dixital ou represalias, con multas de entre 1.501 e 3.000 euros, e serán moi graves os actos de violencia física ou a reincidencia de infraccións graves nun prazo de 5 anos. Neste último ámbito, que xa estaba previsto na lexislación, as sancións irán desde os 3.001 euros ata os 15.000.

Con independencia do tipo de sanción, ademais, a persoa infractora poderá ser asignada a outro profesional e mesmo a outro centro de saúde por un tempo non superior a 5 anos e os sanitarios vítimas de violencia poderán solicitar medidas de mobilidade, apoio psicolóxico e asesoramento legal á Asesoría Xurídica da Xunta.

Finalmente, a norma regula tamén as gravacións en consulta. Se se fan sen o consentimento explícito do profesional, este poderia suspender a asistencia e remitilo os pacientes a outro médico.

Ademais, no pleno, agárdase a comparecencia do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, á petición propia, para informar sobre a modernización do modelo de Formación Profesional de Galicia. 

Poden seguir a sesión en G24. gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade