O Papa nomea por primeira vez unha muller como 'número 2' do Vaticano
O Papa nomeou secretaria xeral do Goberno do Estado da Cidade do Vaticano a relixiosa franciscana sor Raffaella Petrini
Ata agora este cargo foi ocupado en exclusiva por bispos
Trátase dunha relixiosa: Raffaella Petrini, que pertence á congregación Franciscanas Irmás da Eucaristía e que levaba anos traballando no departamento vaticano encargado das misións. Será a "número dous" do Vaticano, será a secretaria xeral do Goberno do Estado da Cidade do Vaticano. É licenciada en Ciencias Políticas e traballa de profesora nunha Universidade Pontificia Santo Tomás de Aquino.
Co seu nomeamento o Papa, de novo, escolle unha muller para ocupar cargos de responsabilidade no Vaticano, concretamente na xestión interna do Estado. Desde o ano pasado, o pontífice ofreceu outros tres postos de alta responsabilidade a mulleres: a Francesca Di Giovanni na Secretaría de Estado, o corazón diplomático do Vaticano; a francesa Nathalie Becquart como número dous do Sínodo de Bispos e a española Nuria Calduch como xefa da Pontificia Comi