Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Papa lava os pés a doce presos nun cárcere de Roma

O Papa lava os pés a doce presos nun cárcere de Roma

O Papa retoma o costume de visitar un cárcere no Xoves Santo, cosa que non puido facer nos dous últimos anos a causa da pandemia

G24.gal 14/04/2022 20:59

O Papa retoma o costume de visitar un cárcere no Xoves Santo, cosa que non puido facer nos dous últimos anos a causa da pandemia. Neste caso foi ao cárcere de Civitavecchia, unha localidade que está a 70 quilómetros do Vaticano e onde residen 500 presos.

Trátase dunha cerimonia na que o pontífice lavou os pés de 12 deles, homes e mulleres, imitando o xesto de Xesús cos apóstolos. O pontífice dixo que é importante lembrar que Xesús serve á xente sen interese, gratuitamente, por amor, e por iso animou aos presos a confiar en Deus e a pedir perdón por as súas faltas.

Deste xeito inicia a recta final dunha Semana Santa marcada pola guerra en Ucraína e a polémica de mañá na Via Crucis. Francisco quere que unha familia rusa e unha familia de Ucraína camiñen xuntos no coliseo como símbolo de fraternidade, unha iniciativa rexeitada por autoridades civís e relixiosas de Ucraína que mesmo a consideran "insultante".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade