Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa Francisco realiza o tradicional lavatorio de pés de Xoves Santo nun cárcere de Roma

O papa Francisco realiza o tradicional lavatorio de pés de Xoves Santo nun cárcere de Roma

O Vaticano confirma a presenza do Pontífice en todas as celebracións do triduo pascual

G24.gal 06/04/2023 19:33 Última actualización 06/04/2023 20:16

O Papa Francisco participou en todos os oficios relixiosos do Xoves Santo, e, como é tradición, lavou e bicou os pés de doce rapaces nun cárcere de Roma. Algúns eran maiores de idade, dúas eran mulleres e tamén había entre eles un de relixión musulmá. 

O pontífice ten problemas no xeonllo pero non se tivo que agachar. Para evitalo colocaron o banco onde estaban os rapaces nunha tarima. Así Francisco, puido imitar o xesto que Cristo realizou cos seus discípulos o Xoves Santo.

Antes de facelo o papa falou cos 12 mozos, e díxolles que Deus os ama a pesar do que sexa que tiveran feito no pasado.

A pesar da idade e de que a semana pasada estivo no hospital, polo momento o Vaticano confirma que Francisco estará presente no resto de celebracións litúrxicas do triduo pascual e do vía crucis de mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade