Cargando resultados...
O Papa fai un chamamento ao diálogo na tradicional bendición Urbi et Orbi
Asegura que estamos a ser testemuñas dun gran número de conflitos, crises e desacordos
G24.gal
25/12/2021 17:31
O Papa impartiu a tradicional bendición Urbi et orbi no Vaticano e pronunciou o discurso de Nadal desde o balcón da basílica de San Pedro.
Fíxoo ante un número limitado de fieis dado o aumento de contaxios da covid-19. Francisco fixo un chamamento ao diálogo fronte ao repregamento que asegurou está a supoñer en todo o mundo a crise do coronavirus.
O Pontífice asegurou que estamos sendo testemuñas dun gran número de conflitos, crises e desacordos, que parecen non ter fin. Non esqueceu tampouco as necesidades das persoas migrantes e refuxiadas.